Blogia

María Mariño

MARÍA MARIÑO NACEU EN NOIA

Noia é un concello da provincia da Coruña. Alí foi onde naceu María Mariño Carou, a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Si queres saber maís deste concello podes entrar na súa web: http://www.dicoruna.es/municipios/Noia/

POEMAS DE MARÍA MARIÑO

Verba que comenza

 

 

 


                   10

Linme hoxe toda por dentro.
¡Linme!
¡Como me está chegando!
¡Como me apaña!
Eu non sei,
non sei si me chega ou vou por ela.
Non o sei.
¿Ouh, pra que me trouxeches si hoxe me levas?
Hoxe,
hoxe, día de todos en un.
Infindá do tempo. ¡Hoxe!
Hoxe de quen todos somos na marea sin ondas,
sin velas,
sin barcos en coor vello.
Hoxe, ¿de quen?
Hoxe: dirán uns.
Hoxe: dirán outros mentras...
mentras reparan no que non hai.
En hoxe todos,
todos damos do fin o paso del.

     ¡Meu amigo, onte!
Ti vas quedando,
quedas pregón que enmarca nas áas do tempo a voz
que ti mismo diches sinxela e pulida, aquela.
Ti quedas como queda o aire
entre as cousas que son
como queda a loita,
como queda a terra,
como queda a Forza
aquela en que ti vas hasta a derradeira,
derradeira,
vas calado.
Calas mentras contas as presadas que de nós van
caendo,
vas na verba,
verba que rixe,
verba enteira que é.
Vas e dis anque calas e non cingues
xeito novo.
Pro si:
de nós levas.

AVALIACIÓN DO TRABALLO DO ALUMNADO

                                                                                                                                                                                                                      

                                                                                                                                              
 

CATEGORÍA

Excelente
(5 puntos)

Ben
(3 puntos)

Mellorable
(1 punto)

Deficiente
(0 puntos)

Puntos

Cuestionario 1

As Letras Galegas

Respondeu correctamente máis do 90% das preguntas

 

Respondeu correctamente máis do 60% das preguntas

Respondeu correctamente máis do 50% das preguntas

 

Respondeu correctamente menos do 50% das preguntas.

 

Cuestionario 2

Percorrido biográfico

Completa un correcto reco-rrido pola Vi-da de María Mariño, res-pondendo co-rrectamente máis do 90% das preguntas.

Respondeu correctamente máis do 60% das preguntas.

Respondeu correctamente máis do 50% das preguntas.

 

Respondeu correctamente menos do 50% das preguntas.

 

Cuestionario 3

A súa obra

Respondeu correctamente máis do 90% das preguntas

 

Respondeu correctamente máis do 60% das preguntas

Respondeu correctamente máis do 50% das preguntas

 

Respondeu correctamente menos do 50% das preguntas.

 

Cuestionario 4

As amizades de María Mariño

Respondeu correctamente máis do 90% das preguntas

 

Respondeu correctamente máis do 60% das preguntas

Respondeu correctamente máis do 50% das preguntas

 

Respondeu correctamente menos do 50% das preguntas.

 

Cuestionario 5

A lenda da serea

Respondeu correctamente máis do 90% das preguntas

 

Respondeu correctamente máis do 60% das preguntas

Respondeu correctamente máis do 50% das preguntas

 

Respondeu correctamente menos do 50% das preguntas.

 

Ilustración de poemas

Fixo ilustra-cións axeita-das ao contido dos poemas.

Os poemas foron ilustra-dos con ima-xes non de-masiado ade-cuadas ao seu contido.

Os poemas foron ilustra-dos con ima-xes inade-cuadas ao seu contido.

Os poemas non foron ilustrados.

 

Exposición escrita co procesador de texto

A exposición cumpre coas normas orto-gráficas, ex-presa con claridade e orde as ideas, está correctamente presentada, resaltando a información pertinente, utiliza criticamente a información procedente dos recursos facilitados e adáptase ao tema, apor-tando unha perspectiva persoal sobre o mesmo.

A exposición cumpre coas normas orto-gráficas, ex-presa con claridade e orde as ideas, e está correctamente presentada, pero non fai un uso crítico da informa-ción proce-dente dos re-cursos facili-tados e non aporta unha perspectiva persoal sobre o problema.

A exposición incumpre al-gunhas nor-mas ortográ-ficas ou non está expre-sada con cla-ridade nos contidos ou non está co-rrectamente presentada ou non fai un uso crítico da información ou non apor-ta unha pers-pectiva per.-soal sobre o asunto.

Non fixo a exposición escrita ou esta presen-ta graves problemas de ortografía, expresión, presentación, ou ben non empregou in-formación procedente dos recursos facilitados ou non se adapta ao tema pro-posto.

 

 

Puntuación máxima: 35 puntos.

AVALIACIÓN DA WEBQUEST

                                                                                                                          

                                                                                                                                                   

                                                            

 

AVALIACIÓN DA WEBQUEST

Introdución

Eficacia de motivación da introdución

0 puntos

A introdución é puramente formal.

 

1 punto

A introdución re-laciónase algo cos intereses do alum-no/a e/ou describe unha pregunta ou un problema.

2 puntos

A introducción adentra ao alumnado nun tema de interese, descríbese un pro-blema que debe resolverse ou unhas preguntas que deben contestarse.

Eficacia coñescitiva da introdución

0 puntos

A introducción non prepara ao alumnado para a tarefa que de-be facer.

1 punto

A introdución fai unha certa referen-cia ao coñecemento anterior do alumna-do.

2 puntos

As estruturas da introdución teñen en conta o coñecemento anterior do alum-no/a e o preparan con eficacia.

Tarefa

Conexión da tarefa co currículo da materia para a que está deseñada

0 puntos

A tarefa non se relaciona co cu-rrículo.

2 puntos

A tarefa refírese ao currículo pero non está claramente co-netada co que os alumnos/as deben saber e poder facer para alcanzar os obxectivos.

4 puntos

A tarefa refírese aos estándares e está conetada claramente co que os alumnos/as deben saber e poder facer para acadar os obxectivos.

Nivel coñescitivo da tarefa

0 puntos

A tarefa redúcese a encontrar cer-ta información na rede.

3 puntos

A tarefa é intere-sante pero limí-tase na súa significa-ción para as vidas dos alumnos/as. A tarefa require a aná-lise da información e/ou de poñer xunta a información de varias fontes.

6 puntos

A tarefa require a síntese de fontes múltiples de infor-mación, e/ou de tomar unha posi-ción, e/ou de ir máis alá dos datos dados e de facer unha xeneraliza-ción ou un produto creativo.

Proceso

Claridade do proceso

0 puntos

O proceso non se indica clara-mente. Os alum-nos/as non saberían exac-tamente o que se pretende que fagan.

2 puntos

Danse algunhas di-recións, pero hai in-formación que falta. Os alumnos/as po-den quedar con-fundidos.

4 puntos

Cada paso indíca-se claramente. A maioría dos alum-nos/as saberían exactamente onde están en cada paso do proceso e saber cal facer despois.

Calidade do proceso

0 puntos

O proceso care-ce das estrate-xias e as ferra-mentas de orga-nización necesa-rias para que os alumnos obte-ñan o coñece-mento necesario para terminar a tarefa.

As actividades están pouco re-lacionadas coa realización da tarefa.

3 puntos

As estratexias e as ferramentas de or-ganización encaixa-das no proceso son escasas para ase-gurarse de que to-dos os alumnos/as gañarán o coñece-mento necesitado para terminar a tarefa.

Algunhas das activi-dades non se relacionan especifi-camente coa reali-zación da tarefa.

6 puntos

O proceso leva a que os alumnos/as que entran en di-versos niveis de entrada, estrate-xias e ferramentas de organización ao acceso e que ga-ña o coñecemento necesitado para terminar a tarefa.

As actividades es-tán claramente re-lacionadas e dese-ñadas para levar aos alumnos/as do coñecemento bási-co a un nivel máis alto do pensa-mento.

Riqueza do proceso

0 puntos

Poucos pasos, non se asignou ningún papel por separado.

1 punto

Asígnanse algunhas tarefas ou papeis por separado. Activi-dades máis comple-xas se requiriron.

2 puntos

Diversos papeis se asignan aos alum-nos/as, os cales asumen diversas perspectivas e/ou responsabilidades para lograr a tarefa.

Recursos

(Nota: débense avaliar todos os recursos ligados á páxina, enlaces a páxinas de Internet, libros,...)

Importancia e cantidade de recursos

0 puntos

Os recursos pro-porcionados non son suficientes para que os alumnos/as lo-gren a tarefa.

2 puntos

Hai unha certa conexión entre os recursos e a infor-mación necesaria para que os alum-nos/as logren a tarefa. Algúns recur-sos non agregan nada novo.

4 puntos

Hai unha conexión clara e significativa entre todos os recursos e a infor-mación necesaria para que os alumnos/as logren a tarefa.

Calidade de
recursos (enlaces a páxinas de Internet)

0 puntos

Os enlaces son insustanciais. Conducen a información que se podería en-contrar en cal-quera enciclope-dia. A informa-ción que se ofrece non é veraz.

2 puntos

Algúns enlaces con-ducen a información interesante que non podería encontrar facilmente na aula ou no Centro.

4 puntos

Os enlaces fan un uso excelente de Internet.

Os enlaces propor-cionan bastante in-formación significa-tiva que axudará aos alumnos/as a pensar.

Avaliación

Claridade dos criterios da avaliación

0 puntos

Non se descri-ben criterios de avaliación.

3 puntos

Os criterios de ava-liación descríbense parcialmente.

6 puntos

Os criterios de avaliación descrí-bense claramente mediante unha rú-brica. Os criterios inclúen descritores cualitativos e cuan-titativos.

A rúbrica mide claramente que deben saber os alumnos/as e que deben facer para lograr a tarefa.

Total (Máximo 40)

/40

 

POESÍAS DE MARÍA MARIÑO

 

               

Inverno vello sin anos

o mundo dos furados déixate

Probriños por iles estar tan lonxe do noso sentir

e non poder de ti falar.

 

 

 

                          II

Oio algo alá mui lonxe e nada del sei decir,

e sin esperar espero para ver si o vexo vir.

Penso si polo arrodeo ou si non sabe o camín

 e sin esperar espero para ver o lonxe en min.

 

                         III

Arbre núo e triste, con ollos de pinguada,

nas miñas ondas entrabas.

 

Hoxe que xa saín á praia da soedá,

arbre aboia contento nas froriñas do seu mar.

 

¡Lévame nas ondas túas como flaira de enxendrar!

lévame como nacida, nacida na Primaveira,

-¡marea soia da Verdá!-.

 

 

  1. Pinguada: "gota" no Courel.
  2. Flaira: pólas pequenas das árbores e arbustos no Courel.

 

CONSIDERACIÓNS SOBRE A LINGUA

 

A lingua que utiliza a autora nos seus poemas está baseado no galego popular falado na súa época e nunha zona xeográfica concreta; a montaña do Courel.

         Así se atopan:

-         substitución da conxunción copulativa e por un i diante de vogal.

-         Uso da partícula preposicional sincopada en vocal tónica para (para), ca (coa), pro (pero).

-         Utilización do apóstrofo para sinalar as elisións vocálicas imitativas da fala: pr'onde, d'ouro, qu'en

-         Adaptación fonética con tratamento semicultista das formas que teñen o grupo fr- ou cr-: froriñas, florecer, crara, cramar.

-         Incorporación de:

o       Vulgarismos: probriños, pirmeiro, aporveitar.

o       Castelanismos por adaptación fonética: tembrando

o       Hiperenxebrismos: primaveira

En canto ao uso dialectal da lingua atopamos:

-         dialectalismos característicos do galego oriental, tanto morfolóxicos: il, aquil, tein, lein, vein, encuitar, mui; como léxicos: mañán, Silverio, furado, caiado.

-         Voces específicas da zona courelá: flaira, rabelo, nebra, pinguadas.

Por outra banda, dada a situación diglósica da nosa lingua, a presenza de castelanismos é tamén abundante. Percíbese esta influencia a distintos niveis:

-         ortográfico: a poeta acentúa os pronomes interrogativos e exclamativos

-         morfolóxico: emprego das formas verbais iba (ía), eres (es), sea (sexa), soupen (souben)

-         léxico: campana (campá), ventana (ventá), engañar (enganar), mecer (arrolar)

 

 

POESÍA DE MANUEL MARÍA

Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
Pro hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e maila fala
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!

CUESTIONARIO 5

1. De onde era o cabaleiro que atopou unha serea e levouna con el ao seu pazo?

2. Nas augas de que océano atopou á serea?

3. Como lle puxo de nome?

4. Que lle pasaba á serea?

5. Que deseñou Castelao inspirándose na serea?

CUESTIONARIO 4

1. Une estas obras co seu autor correspondente:

a. Uxío Novoneyra       Filosofía da saudade
b. Manuel María           Os Eidos
c. Ramón Piñeiro          A Terra Chá: Poesía e Paisaxe

2.En que vila naceu Uxío Novoneyra?

3.Novoneyra fixo varias publicacións dende 1955 ata 1983; logo dun tempo en silencio edita: Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras. En que ano?

4.Publica Poemas caligráficos en 1979, nunha edición prologada e ilustrada por Reimundo Patiño, con textos vinculados a unha vangarda pictórica organizada arredor de que grupo?

5.En que vila naceu Manuel María?

6.Le esta poesía de Manuel María.

Cal pensas que é o seu título?

a. O mar
b. Na voz da gaita
c. Galicia

3.Cal é o significado de “trafegos” (derradeira palabra da segunda estrofa)

a. Traballos
b. Cousas
c. Cargas, pesos

4.En que vila luguesa naceu Ramón Piñeiro

5.Ordea estas obras de Piñeiro por orde de publicación:

a. A saudade de Rosalía
b. Para unha filosofía da saudade
c. Siñificado metafísico da saudade

6.De que consello foi Ramón o primeiro presidente?

CUESTIONARIO 3

1. Escoita esta poesía de María Mariño, cantada por Uxía Senlle. Como se titula?

2. Fai unha ilustración onde reflexes as imaxes que che evoca

3. Completa o título do poemario que a autora publicou en vida.

Pala_____ no te___

4. Ordea as letras para formar o título do segundo poemario de María Mariño, publicado anos depois da súa morte.

Vbrae euq cmnoenaz

5. En que anos se publicaron estas dúas obras?

6. Le o texto Consideracións sobre a lingua

7. Busca nestas poesías vulgarismos, dialectalismos, hiperenxebrismos.

8. Escribe as palabras destas mesmas poesías que pertencen ao léxico específico da zona do Courel

CUESTIONARIO 2

 

1. En que vila galega naceu? É de costa ou de interior? A que provincia pertence?

2. Como se chamaban a súa nai e o seu pai? (nomes e apelidos)

3. Busca os nomes dos irmáns e irmás de María Mariño; escríbeos por orde alfabética. A que se adicaron?

4. A súa irmá Concha casou moi nova e marchou para o País Vasco;

    1. Debuxa a bandeira desta comunidade autónoma?
    2. Cal é o nome que recibe a bandeira vasca?
    3. Que idioma se fala nesta zona?

5. María asistiu poucos anos á escola, a que se dedicou dende moi nova?

6. María e a súa familia  trasládanse a Boiro pouco antes da Guerra Civil, cando comezou esta guerra?

7. Pouco despois vai pasar parte da guerra á casa da súa irmá Concha en Algorta (Biscaia)

Une cada provincia vasca coa súa capital:

                   Biscaia                           Donostia-San Sebastián

                   Guipúscoa                       Álava

                   Vitoria-Gasteiz               Bilbao

8. A traxedia da Guerra Civil inspirará, anos despois, o seu único relato en castelán, como titulou este relato que non chegou a publicarse?

9. Cal é a data de nacemento da autora?

    1. 8 de xuño de 1907
    2. 25 de xullo de 1918
    3. 8 de xuño de 1918

10. En que ano e con quen casou María Mariño?

11. Por que ocultou súa verdadeira data de nacemento?

    1. Foi idea do seu amigo Novoneyra
    2. Para non resaltar a diferenza de idade co seu home
    3. Os seus pais non lle dixeran a verdade

12. Cando e por que se descubriu a súa verdadeira data de nacemento?

13. Recén casada marcha co seu home ao País Vasco, instalándose en Elanxobe, preto de Guernica. Que famoso pintor plasmou os "desastres da guerra" no famoso cadro titulado co mesmo nome desta última cidade "Guernica":

    1. Goya
    2. Velazquez
    3. Picasso

14. Escribe o nome de dous animais que aparecen nese cadro.

15. Cando volven a Galicia, o seu primeiro destino foi Arzúa; cales son os dous productos gastronómicos aos que esta vila dedica cadansúa festa:

    1. Queixo
    2. Pementos
    3. Mel

16. Definitivamente instálanse en Parada, aldea da zona do Courel. En que provincia galega a situarías?

17. Alí, María e Roberto fan amizade coa familia de Novoneyra, cal é o seu nome?

18. Que obra inicia Novoneyra en 1955?

    1. Os Eidos
    2. As palabras
    3. O Courel

19. A partir de que ano comeza a escribir María Mariño?

    1. 1955
    2. 1957
    3. 1959

20. Cal foi o seu primeiro libro, único que publica en vida?

21. Quen escribiu un fermoso prólogo para o poemario de María?

 

 

CUESTIONARIO 1

   

1. Por que o Día das Letras Galegas se celebra precisamente o 17 de maio?

 

2. Que institución instaurou este día?

 

3. Que académicos foron os primeiros en propoñer esa data?

 

4. Quen foi o primeiro persoeiro homenaxeado e en que ano?

 

5. Quen foi Fernán Caballero?

 

6. A quen se lle adica este ano a festividade das Letras Galegas?

 

7. Cantos anos se leva celebrando este día?

45 ANOS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

1963   Rosalía de Castro

1964   Castelao                              

1965   Eduardo Pondal                  

1966   Francisco Añón Paz            

1967   Manuel Curros Enríquez                           

1968   F. López Cuevillas               

1969   Antonio Noriega Varela       

1970   M. Valladares Núñez           

1971   Gonzalo López Abente          

1972  Valentín Lamas Carvajal   

1973   Manuel Lago González       

1974   X. V. Viqueira Cortón          

1975   X. Manuel Pintos Villar      

1976   Ramón Cabanillas              

1977   Antón Vilar Ponte               

1978   Antonio López Ferreiro        

1979   Manuel Antonio                 

1980   Alfonso X, O Sabio          

1981   Vicente Risco                      

1982   Luís Amado Carballo           

1983   Manuel Leiras Pulpeiro        

1984   A. Cotarelo Valledor             

1985   Antón Losada Diéguez        

1986   Aquilino Iglesia Alvariño    

1987   Francisca H. Garrido           

1988   Ramón Otero Pedrallo          

1989   Celso Emilio Ferreiro            

1990   Luís Pimentel                       

1991   Álvaro Cunqueiro                 

1992   Fermín Bouza-Brey              

1993   Eduardo Blanco-Amor          

1994   Luís Seoane                         

1995   Rafael Dieste                        

1996   Xesús Ferro Couselo               

1997   Anxel Fole                             

1998   Martín Códax, Johan de Cangas e Meendinho   

1999   Roberto Blanco Torres           

2000   Manuel Murguía                 

2001   Eladio Rodríguez                  

2002   Frei Martín Sarmiento          

2003   Antón Avilés de Taramancos 

2004   Xaquín Lorenzo Fernández    

2005   Xesús Varela Vázquez            

2006   Manuel Lugrís Freire             

2007   María Mariño                         

BREVE HISTORIA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

         No ano 1963 a Real Academia Galega aprobaba por unanimidade a declaración do día 17 de maio como festa anual do Día das Letras Galegas.

         A proposta partira de tres membros desta institución: Francisco Fernández del Riego, Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román; a raíz do centenario da publicación do libro de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. 

        Baseaban os académicos a súa proposta en que este foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal. “Foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea, e a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria”.

         Ignorábase a data exacta de publicación do libro Cantares Gallegos, pero propúxose o 17 de maio por ser ese día cando Rosalía llo dedicou á escritora e poeta Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber, 1796-1877) 

Esta é a carta que Rosalía escribe a Fernán Caballero adicándolle a súa obra: 

A Fernán Caballero

              Señora:

Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico a usted este pequeño libro. Sirva él para demostrar a la autora de La Gaviota y de Clemencia el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país.

  Santiago, 17 de mayo de 1863. Rosalía de Castro de Murguía. 

PERFIL BIOGRÁFICO

   O nome e a obra de María Mariño, aínda que coñecidos dende hai tempo nos círculos culturais, víronse sempre envoltos nun halo de misterio e ambigüidade que dificultou a difusión da súa poesía e o coñecemento do público en xeral. A publicación dun único libro en vida, a pouca relación que mantivo cos escritores da época –con excepción de Novoneyra-, e o illamento xeográfico no que viviu son algúns dos factores que contribuíron a que nos atopemos, aínda hoxe, perante unha figura literaria que debemos descubrir.

  María Mariño Carou nace na vila de Noia o 8 de xuño do ano 1907. Os seus pais foron Xosé Mª Mariño Pais e Filomena Carou Lado, naturais tamén da bisbarra noiesa. A familia era de condición social humilde: o pai foi zapateiro e a nai traballou como xastra, a máis de ocuparse dos labores da casa. María foi a segunda dos cinco fillos do matrimonio: Emilio, María, Cándido, Asunción e Concha. Os irmáns traballaron como mecánicos, Asunción foi ribeteadora, e Concha casou moi nova e marchou para o País Vasco. María asistiu poucos anos á escola, e dende moi nova tivo que dedicarse a coser polas casas dos veciños, polo que algúns lémbrana como María “a costureira”. Segundo as persoas que a coñeceron na súa mocidade, era unha muller sensible, reservada e solitaria que transmitía unha impresión de harmonía espiritual. Tamén mencionan a súa gran beleza física e unha innata elegancia. Así e todo, a futura poeta non era unha persoa corrente e non encaixaba no molde da muller tradicional do seu tempo. Era vista como “rara” e “diferente” porque lle gustaba pasear soa pola ribeira do mar, extasiarse diante da contemplación da paisaxe, intentando, quizais, comprender a mensaxe última da Terra. A causa das dificultades económicas, e pouco tempo antes de declararse a Guerra Civil, trasladouse toda a familia a Boiro, á casa dunha tía que traballaba de cociñeira no Pazo de Goiáns. O pazo tiña unha boa biblioteca, na que María vai pasar moitas horas: dese xeito tomará contacto coa literatura escrita e poderá enriquecer así a súa formación e sensibilidade.A nosa autora vive logo parte da guerra en Algorta (Biscaia), na casa da súa irmá Concha. A traxedia da Guerra Civil inspirará, anos despois, o seu único relato en castelán, titulado “Los años pobres –Memoria de guerra y posguerra-“, que non chegou a publicarse.

   Pouco antes da final da confrontación, a poeta volve cos pais a Boiro. Coñece entón ao que ía ser o seu home, Roberto Posse Carballido, natural de Santiago e mestre de profesión, con quen casa o 31 de marzo de 1939 na parroquia de Lampón, do municipio de Boiro. Roberto tiña vintecatro anos e ela trinta e dous. Esta diferencia podería explicar o feito de que María ocultase a súa verdadeira idade, mesmo a Novoneyra, quen transmitiu unha data de nacemento equívoca, o 25 de xullo de 1918, data que figura en moitas recensións biográficas. Non foi ata 1982, con motivo da homenaxe que a Asociación dos Escritores en Lengua Galega lle dedica á escritora, que un grupo de xoves da Asociación Cultural Catavento de Noia verificou nos libros parroquiais e no rexistro civil a data exacta de nacemento. Recén casados marcha o matrimonio ao País Vasco, instalándose en Elanxobe, preto de Guernica, onde Roberto Posse exerce o maxisterio. Teñen un fillo, que morre ó mes e medio de nacer.

   Á metade dos anos corenta deciden voltar de novo para Galicia. Roberto pide o traslado e danlle destino primeiro en Arzúa e logo en Romeor do Courel. Nesa época María perde á nai, a quen se sentía moi unida. Ese pasamento, o dos irmáns –ocorrido poucos anos antes- e, seguramente a traxedia non superada da morte do seu único fillo, levan a María a unha forte depresión nerviosa. Xosé  Baltar, médico da zona e amigo do matrimonio, recoméndalles a escola de Parada do Courel, onde poden sentirse menos illados. No 1947 trasládanse a Parada , aldea na que vivirán ata a morte da poeta. María e Roberto intiman coa familia de Novoneyra, e posiblemente coñecen daquela ao xove Uxío, aínda que a relación de amizade persoal co poeta non comeza ata 1953, cando este volve do servicio militar e permanece na casa paterna para recuperarse dunha enfermidade alá contraída. Nesta situación, Novoneyra inicia a súa obra –Os eidos, (1955)- e é posible que María escoitase recitar os poemas nas longas noites courelás. A inquedanza espiritual dunha muller sensible, que chegara xa á madurez persoal, atopa finalmente un camiño de expresión na creación poética. Polo 1957 comenza a escribir, primeiro en castelán e un ano despois en galego. En 1963, gracias á xestión de Novoneyra, a editorial Celta de Lugo edita Palabra no Tempo, primeiro e único libro publicado en vida da autora. Ramón Otero Pedrayo, a quen María non chegará a coñecer persoalmente, pero co que mantivo unha relación epistolar, escribiu un fermoso prólogo para o poemario no que salientara a novidade e a profundidade da palabra lírica da escritora novel.

   María continuou coa súa vida sinxela e illada nas montañas do Courel, case sen contacto do mundo literario. En efecto, foron poucas as persoas vinculadas á cultura galega que a poeta chegou a coñecer, e a miúdo o contacto estableceuse a través de Novoneyra. Entre os que a trataron encóntranse Manuel María, Ramón Piñeiro, Domingo García Sabell, Sixto Seco, Augusto Assía e Victoria Armesto, con ocasión dunha visita ao poeta do Courel.(...)Por diversas causas, os poemas de Verba que comenza permaneceron inéditos durante moitos anos. Así e todo eran coñecidos no ámbito literario gracias ó labor de Novoneyra, quen os ten recitado en moitas ocasións e facilitado fotocopias ás persoas interesadas por eles. Co paso do tempo, a personalidade de María Mariño trocouse nunha figura mítica que levou a certa crítica mesmo a dubidar da existencia real da escritora.

En 1990 o Concello de Noia patrocina unha edición homenaxe de Verba que comenza. Imprímense 27 poemas do libro; no mesmo ano, na revista A Trabe de ouro, Novoneyra publica catro poemas inéditos que pertencen ao conxunto de Verba que comeza, pero que por razóns de economía editorial non foran incluídos no libro Homenaxe.

María Mariño descansa no camposanto de Romeor do Courel, acubillada polos cumes da serra, testemuñas silenciosas da súa madureza persoal e literaria.

María Mariño: Obra completa. Edicións Xerais (1994)

Bienvenido

Neste blog imos colocar información e actividades sobre María Mariño.