CONSIDERACIÓNS SOBRE A LINGUA
A lingua que utiliza a autora nos seus poemas está baseado no galego popular falado na súa época e nunha zona xeográfica concreta; a montaña do Courel.
Así se atopan:
- substitución da conxunción copulativa e por un i diante de vogal.
- Uso da partícula preposicional sincopada en vocal tónica para (para), ca (coa), pro (pero).
- Utilización do apóstrofo para sinalar as elisións vocálicas imitativas da fala: pr'onde, d'ouro, qu'en
- Adaptación fonética con tratamento semicultista das formas que teñen o grupo fr- ou cr-: froriñas, florecer, crara, cramar.
- Incorporación de:
o Vulgarismos: probriños, pirmeiro, aporveitar.
o Castelanismos por adaptación fonética: tembrando
o Hiperenxebrismos: primaveira
En canto ao uso dialectal da lingua atopamos:
- dialectalismos característicos do galego oriental, tanto morfolóxicos: il, aquil, tein, lein, vein, encuitar, mui; como léxicos: mañán, Silverio, furado, caiado.
- Voces específicas da zona courelá: flaira, rabelo, nebra, pinguadas.
Por outra banda, dada a situación diglósica da nosa lingua, a presenza de castelanismos é tamén abundante. Percíbese esta influencia a distintos niveis:
- ortográfico: a poeta acentúa os pronomes interrogativos e exclamativos
- morfolóxico: emprego das formas verbais iba (ía), eres (es), sea (sexa), soupen (souben)
- léxico: campana (campá), ventana (ventá), engañar (enganar), mecer (arrolar)